Archivo | MEDIOAMBIENTE | ENERGÍA RSS for this section

Desfrutar matando: o cruel negocio da caza.

tecor-sanguinarioCada ano, unhas 800.000 persoas practican a caza en España. Aquí  dispoñen dun 80% do territorio para desfrutalo, incluíndo camiños públicos, montes á beira de aldeas e, ocasionalmente, ata reservas naturais.

Evidentemente, isto supón un problema para a natureza e para o 95% da poboación restante, que debe compartir espazo cun exército de afeccionados que deciden en décimas de segundo e baixo estado de excitación cara a onde disparan balas que matan a 1 km ou perdigóns que poden deixarte cego a 200 metros, aparte de contaminar con 6.000 Tm anuais de chumbo o chan e os acuíferos… A ninguén estrañará, pois, que cada ano morran por disparo 20 ou 30 persoas e resulten feridas outras 800, algunhas con serias minusvalías; ou que, en conxunto, os accidentes asociados á actividade cinexética superen os 2.500. Como explicar, entón, que unha actividade tan perigosa e prexudicial sexa permitida e promovida no noso entorno baixo a denominación de “deporte”?

Leer Más…

Anuncios

Turismo depredador, termalismo e outras desgrazas

asveigas

Falar mal do turismo en España implica cuestionar un dos motores básicos da nosa economía. Aos seus defensores bastaríalles replicar que España recibíu en 2015 uns 70 millóns de turistas, ou que estes deixaron 51.000 millons de euros en divisas. En realidade, estamos a falar dun sector que proporciona miles de empregos e que supuxo ese ano o 11,2% do noso PIB…

Sen embargo, existen aspectos incómodos que a nosa tradicional dependencia desa “fonte de riqueza” lévanos a pasar por alto. En principio, sabemos que non se trata dunha actividade demasiado rendible. Fíxense que nin cos 70 millóns de visitantes evitamos unhas escandalosas cifras de paro e precariedade laboral. Por outro lado, priorizando este sector dende o franquismo só conseguimos construír unha economía desequilibrada, dependente doutros países e medioambientalmente insostible.

[reposición dun artigo borrado accidentalmente]

Leer Más…

Vídeo sobre a charla debate “Cooperativismo para un modelo enerxético sostible”

Aquí tendes o vídeo do acto gravado o día 01.06.2016 na Cafetería Monty  no que Attac A Coruña e Som Enerxía trataron o tema da imperiosa necesidade de desenvolver un novo modelo enerxético e describiron unha fórmula cooperativa para facelo viable.

Lamentamos que por razóns técnicas non quedase constancia da última parte da intervención de Daniel Espinheira (Som Energía) e do debate posterior, pero pensamos que ata entón os poñentes aportaron informacións e análises de gran interese.

Onte celebramos unha charla sobre cooperativismo e enerxía

Onte celebramos a charla-debate que tiñamos organizada baixo o título “Cooperativismo para un modelo enerxético sostible”. Nela contamos coa presencia de Daniel Espinheira de Som Energía. En breve subiremos a gravación do evento, que contén a maior parte do que alí se falou, por iso deixaremos aquí reflectido un mero apunte.

IMG-20160601-WA0000

Leer Más…

CHARLA-DEBATE: COOPERATIVISMO PARA UN MODELO ENERXÉTICO SOSTIBLE

Actualmente, parecen quedar poucas dúbidas de que este sistema económico precisa un profundo cambio de paradigma, pero o que resulta incontestable é a inviabilidade medioambiental das actuais dinámicas produtivas e enerxéticas, dependentes dos combustibles fósiles ata un nivel suicida. Sen embargo, despois de que as crises confluíntes, a ecolóxica, a económica e a social, impactasen severamente no noso xeito de vida, non se observa nas institucións, organizacións políticas e no conxunto da sociedade, o cambio de mentalidade radical que esixe tan difícil encrucillada.
 flyer-a5-definitivo-energia-monty

Leer Más…

Charla-debate: “Decrecemento como introducción á Economía Ecolóxica”

ATTAC A CORUÑA abordará no C.S. A COMUNA a charla-debate “Decrecemento como introdución á Economía Ecolóxica”

decrecemento-ANUNCIO-RRSS

A grave e persistente crise económica en curso parece estar amosando que nos desarranxos do sistema latexa algo máis ca indisciplinas financeiras, predominio das grandes corporacións ou fortes desigualdades sociais. Sen embargo, as voces máis críticas continúan insistindo en corrixir as relacións económicas coas receitas convencionais aplicables ao mercado laboral, á débeda, á inflación…

Dalgún xeito, as propostas alternativas parece que só aspiran a reverter o proceso de acumulación enfermiza, de precarización social ou de desestabilización financeira eludindo outras consideracións “extraeconómicas”. Manteñen así o tradicional divorcio entre economía e o medioambiente dando por boa esa vision da natureza coma un mero accesorio que nos provee de recursos, sendo as relación económicas o corazón do sistema e, polo tanto, o único que debe ser revisado mediante constantes reaxustes.

Pero a realidade física é obstinada: esgótanse  os combustibles, os minerais e ata os peixes; quece o Planeta de xeito alarmante; degrádase o entorno e migran poboacións; enferma a sociedade… Son xa demasiadas as alarmas que dan conta dun inminente e gravísimo desequilibrio. Ao final, vai resultar que a crise non é só económica, tamén o é social e, en grandisima medida, medioambiental.

Consideramos, por iso, que urxe enriquecer a análise económica coas asentadas teorías científicas que amosan a insostibilidade  deste sistema produtivo, e tamén coas significativas experiencias que atesouran moitos colectivos con coñecementos nos campos máis variados: a agroecoloxía, o cooperativismo, o ecofeminismo, a autoxestión…

Dende Attac A Coruña, pretendemos trasladar á cidadanía esta visión moito máis complexa, e para esta tarefa parécenos axeitado facer uso do poderoso concepto de decrecemento, seguramente o máis significativo para abrir camiño cara á Economía Ecolóxica, unha nova forma de entender a xeración e repartición dos bens de maneira integrada, solidaria, acougada e liberada da perversa influencia de poderes corporativos, das institucións obsoletas e das dinámicas de consumo que degradan irreversiblemente a nosa contorna e as nosas vidas.

Non caben máis aprazamentos contra o cambio climático

Representantes de 195 países, máis a Unión Europea, acudirán as dúas primeiras semanas de decembro ao Cume do Clima de París (21 Conferencia das Partes, COP21) co fin de alcanzar un pacto global de loita contra o cambio climático.

FOLLETO CAMBIO CLIMÁTICO (preme no enlace ou na imaxe)

portada-folletoO seu obxectivo é acordar un pacto que xestione o proceso mundial de descarbonización para que a temperatura do planeta non supere os perigosos 2 graos a finais de século, así como para colaborar na adaptación aos impactos que producirá o cambio climático aínda cando non se supere ese límite.

É certo que nunca antes existiu un momento político tan favorable ao acordo climático: China e Estados Unidos rubricaron un compromiso para loitar xuntos contra o quecemento; e os países do G-7 emitiron unha declaración comprometéndose a poñer fin aos combustibles fósiles en 2100.

Sen embargo, como estaredes observando estes días, un problema crucial co que nos xogamos literalmente a nosa supervivencia está sendo relegado aos últimos lugares no ranking de noticias electoralmente atractivas. Precisamente por este habitual desinterese da sociedade e de gran parte dos responsables políticos, e tamén polas mesmas imposicións xeopolíticas e as fortísimas inercias que fixeron fracasar as anteriores cumes climáticas, non hai moitos elementos que nos inviten ao optimismo.

O único que podemos dicir é que, aínda así, nunca tivemos tantas ganas de estar equivocad@s…

 

Marcha contra o cambio climático na Coruña

Attac A Coruña está a participar activamente na convocatoria da MARCHA MUNDIAL POLO CLIMA, que promoven numerosas organizacións. O chamamento realizado dende Avaaz, vaise concretar na Coruña nunha CONCENTRACIÓN o 29 de novembro ás 12 horas na PRAZA DE MARÍA PITA.

Para esta ocasión propoñemos a tod@s @s asistentes que acudan PROVISTOS DUN ABANO PARA ARREFRIAR O PLANETA Traédeo do tamaño e coas consignas que máis vos apetezan coa fin de chamar a atención de tan relevante problema. A consigna xeral será:

DETER O DESASTRE ESTÁ NAS NOSAS MANS.

Pregamos difusión e, sobre todo, asistencia. O asunto ben o merece.

CONCENTRACION 29N CAMBIO CLIMATICO

Este evento é parte da Marcha Mundial polo Clima. O 30 de novembro, os líderes mundiais reúnense en París para comezar a negociar o próximo acordo global sobre o clima. É por iso que, o día antes, a xente de todo o mundo vai saír á rúa para presionar aos seus líderes en todas as instancias de goberno para que se comprometan a usar enerxías 100% limpas. Xuntos, podemos impulsar un acordo climático para todo o mundo que faga que abandonemos as enerxías contaminantes e demos paso ás enerxías limpas.

AVAAZ

Soberanía alimentaria: 5 pasos para enfriar el planeta y alimentar a la gente

La expansión de prácticas agrícolas insustentables condujo durante todo el siglo pasado a destruir entre 30 y 75% de la materia orgánica en las tierras arables, y 50% de la materia orgánica en los pastizales y las praderas. Estas pérdidas masivas de materia orgánica son responsables de entre 25 y 40% del exceso actual de CO2 en la atmósfera. No obstante, este CO2 en la atmósfera podemos devolverlo al suelo si restauramos las prácticas que las comunidades campesinas mantuvieron por muchas generaciones

A %d blogueros les gusta esto: