Vídeo da charla “Paraísos fiscais, as cloacas financeiras”

O pasado día 11 celebrouse na sede de Podemos da Coruña unha charla de Ricardo García Zaldívar sobre paraísos fiscais. Integramos nesta entrada a gravacion en vídeo.

Por certos problemas técnicos o acto desenvolveuse dun xeito máis informal do habitual, con frecuentes preguntas por parte do público que o poñente ía contestando mediante exemplos. Iso que, en principio, non permitiu tanta profundización no tema, favoreceu en cambio unha maior axilidade da charla. En calquera caso, cremos que @s asistentes puideron obter información de interese para comprender o fenómeno masivo da financiarización e da rampante evasión fiscal, así como das prácticas económicas que deterioran as nosas arcas públicas e prexudican gravemente a economía dos países empobrecidos. Ademais, tamén houbo ocasión de falar dos movementos e campañas reivindicativas que se oponen a estas prácticas inxustas.

Agradecémoslles aos Círculos de Podemos de A Coruña que acollese un acto de Attac e, por suposto, a Ricardo García Zaldívar que nos fixese partícipes non só dos interesantes contidos da charla, senón tamén da súa ampla experiencia no altermundismo centrado na xustiza económica. Tamén, como non, agradecémoslle á nosa compañeira Victoria a sús participación tanto nas xestións previas como na propia introducción ao acto, e a tod@s as asistentes a súa presenza e a súa activa participación.
Vémonos na seguinte!
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: