Onte celebramos unha charla sobre cooperativismo e enerxía

Onte celebramos a charla-debate que tiñamos organizada baixo o título “Cooperativismo para un modelo enerxético sostible”. Nela contamos coa presencia de Daniel Espinheira de Som Energía. En breve subiremos a gravación do evento, que contén a maior parte do que alí se falou, por iso deixaremos aquí reflectido un mero apunte.

IMG-20160601-WA0000

Na introducción, o noso compañeiro Javier Fernández contextualizou o problema enerxético non só dende un punto de vista económico, senón abordando a relevante dimensión ecolóxica, que está condicionando o funcionamento do sistema dun xeito moito máis determinante do que os protagonistas do sector, os gobernos e a propia sociedade están dispostos a aceptar.

 

Quixo incidir Javier nalgúns aspectos pouco evidentes, entre eles a alerta fronte a eventuais “gatopardismos” que permitan ás grandes corporacións e institucións privilexiadas no sistema ocultarse baixo a máscara da “economía verde”, que podría converterse nunha nova versión depurada do extractivismo, do derroche material e da explotación que veñen caracterizando ao capitalismo, un sistema con pasmosa facilidade para adaptarse ás circunstancias máis variadas facendo do antigo problema unha nova fonte de beneficio.

Tamén apuntou que os prexuízos e a mentalidade da cidadanía permítenos visualizar con máis facilidade unha apocalipse planetaria froito dun meteorito ca o fin dun sistema capitalista, que caducará inevitablemente coma outros o fixeron, pero esa cegueira neglixente non evitará un colapso material baseado nunhas evidencias científicas que xa non se poden discutir por máis terrible que resulte. Estamos abocados á proba case insuperable de medrar para sobrevivir nun planeta que ten recursos finitos.

Para colmo, nesta encrucillada viaxamos contra unha poderosísima inercia destrutiva. Este sistema de fluxos inconmensurables non se deterá sen máis polos seus meros condicionantes funcionais, sociais e materiais, pero tampouco os que teñen os mandos permitirán cambios evolutivos bruscos, afeit@s como están a que as trampas, as portas xiratorias e as indignas connivencias co capital (cuxa impunidade estase revelando de xeito chirriante),  sexan o modo habitual de operar que os mantén no seu privilexiado status.

Pola súa parte, Daniel Espinheira aportou unha visión breve da historia da enerxía, que no caso galego partiu nos seus inicios, non de grandes inversións e infraestruturas, senón de pequenas instalacións axeitadas a necesidades concretas que foron confluíndo ata as macroempresas que hoxe existen.

Falou da liberalización que dentro das 4 fases (xeración – transporte – distribución e comercialización) permitiu “abrir a competencia” na primeira e na última pero dun xeito que impide saír das garras dos grandes monopolios; e tamén das trampas institucionalmente consolidadas que nos fan sufragar gastos inmensos baixo unha opacidade que nos mantén indefens@s fronte a un abuso económico colosal. Os monopolios invulnerables fan e desfán sen que ninguén saiba realmente cuantificar que nos cobran, canto nos cobran e por que o fan; nin qué é o que xustifica que paguemos unha enerxía instalada a todas luces fora de proporción.

Som Energía propón para paliar todo isto unha saída práctica e viable. Encárgase de comercializar, e de producir na medida das súas posibilidades de inversión, as enerxías renovables (sobre todo fotovoltaica e eólica) para fomentar o cambio de paradigma  a un entorno enerxeticamente sostible.

Aclarou Daniel que, como soci@s, as persoas que fagan a súa aportación e contraten non percibirán un aforro moi evidente (o gasto sería similar ao dun/ha consumidor@ convencional). Porque realmente non se trata diso, senón dun mecanismo social que se está amosando moi práctico e eficaz para ir abandoando as enerxías fósiles cara ás enerxías máis sostibles, e as persoas que adoitan asociarse fano porque tomaron conciencia dunha situación que debe cambiar e elixiron ser parte activa.

Por outro lado, a forma asamblearia e transparente de tomar decisións en Som Energía sobre os recursos e estratexias a seguir está sendo ben aceptada por moita xente que comeza a apoialo como un xeito de “militancia” nunha batalla que é política, social e ecolóxica coa que adoitan estar moi motivad@s, o que impulsa a seguir o proxecto ata ofrecer moitas máis posibilidades ás enerxías renovables e á soberanía enerxética.

Para non estenderme moito na reseña, simplemente invítovos a que nun par de días vexades o vídeo nesta web.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: