CHARLA-DEBATE: COOPERATIVISMO PARA UN MODELO ENERXÉTICO SOSTIBLE

Actualmente, parecen quedar poucas dúbidas de que este sistema económico precisa un profundo cambio de paradigma, pero o que resulta incontestable é a inviabilidade medioambiental das actuais dinámicas produtivas e enerxéticas, dependentes dos combustibles fósiles ata un nivel suicida. Sen embargo, despois de que as crises confluíntes, a ecolóxica, a económica e a social, impactasen severamente no noso xeito de vida, non se observa nas institucións, organizacións políticas e no conxunto da sociedade, o cambio de mentalidade radical que esixe tan difícil encrucillada.
 flyer-a5-definitivo-energia-monty

As causas desta neglixencia colectiva son múltiples, pero sen dúbida resulta determinante que os poderes económicos estean amosando unha feroz resistencia a ceder o control dos mecanismos que destrúen o planeta dados os benefizos inmensos aos que están afeitos. Por outro lado, a cidadanía tampouco acaba de asumir  a imperiosa necesidade de mutar esta organización socioeconómica baseada nos combustibles fósiles, xeneradora de gravísimas desigualdades e medioambientalmente destrutiva, máis atenta ás perentorias necesidades vitais e, por que non dicilo, afeitos aos desproporcionados hábitos de consumo.

E mentres a ciencia e as estatísticas constatan as peores prediccións sobre cambio climático, a perda de ecosistemas,  os prexuízos económicos sobre poboacións vulnerables e o despilfarro de materiais que ameazan gravísimos colapsos, só unha pequena parte da sociedade mantense alerta neste camiño sen saída aparente.

Pero, por sorte, si hai saídas. Así o están demostrando moitos colectivos que se organizan para implantar formas diferentes que nos acheguen ao desexado cambio. É o caso das cooperativas que ofrecen a posibilidade de contratar enerxías renovables. Coas súas experiencias diarias están logrando poñer en evidencia que non só se pode evitar a contaminación e gañar espazos que ata agora acaparaban os grandes monopolios enerxéticos, senón que, ademáis, demostran que se pode facer de xeito participativo, áxil e economicamente viable. A estas alturas, supón unha verdadeira inxección de optimismo comprobar como un número crecente de persoas se suman pouco a pouco a uns proxectos aparentemente humildes pero que, sen requirir grandes sacrifizos, poden traer cambios concretos e moi significativos por un mundo sostible.

Por iso Attac A Coruña quere contar para este acto centrado no uso e control da enerxía coa presenza de Som Enerxía, unha exitosa cooperativa acredora de numerosos recoñecementos que amosará a súa experiencia nesta interesante revolución tranquila aplicada á utilización colectiva de enerxía en base a rigorosos criterios democráticos e medioambientais. Unha enerxía descentralizada, non contaminante, adaptable e independente que pode supoñer un importantísimo avance para o imprescindible cambio sistema.

Ao tempo, aproveitaremos para reflexionar sobre os males dos que adoece o actual sistema enerxético, un exemplo perfecto de asfixiante dominio corporativo, falta de democracia e explotación natural que nos abocan ao colapso social e medioambiental, prácticas todas elas que por inxustas e insostibles precisan ser atalladas canto antes.

Attac A Coruña

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: