#15M RELOADED. XA TOCABA…

Esta fin de semana están convocadas distintas actividades que veñen a relanzar o que moitos movementos sociais apoiamos na rúa hai 5 anos. Attac A Coruña, estará alí cos demáis colectivos, como manda a ocasión.

GLOBALDEBOUT

Outra vez debemos dicir que se dan motivos de sobra para saír a rúa. É certo que existen moitas reflexións sobre o efectos favorables do inicial movemento do 15M, pero tamén sobre as aspiracións sen concretar, sobre a instrumentación política dalgunhas organizacións e incluso sobre  as frustracións directas que nos trouxeron algunhas propostas políticas que triunfaron; agora ben, en calquera caso, ninguén se atreve a negar que a cousa antes do #15M non eran igual.

 

Haberá quen pense que fronte ao “Durmiamos, despertamos” sería máis apropiado o “Durmiamos… e seguimos durmindo”. Pero os cambios a mellor na conciencia social, a concreción en certas accións políticas e a forza de novas reivindicacións, como as feministas, as ecoloxistas e as medidas contra a pobreza, se ben aínda saben a pouco, gañaron moita consistencia.

Haberá que seguir insistindo, entón.

Se cadra, tamén podemos aproveitar esta ocasión para profundizar nunha reflexión que segue sendo eludida mentres se pelexa por causas sociais moi lexítimas pero demasiado limitadas ao nacional e ao curto prazo. Porque se algo sabemos mellor que antes é que existen enimigos moi difíciles de vencer. E non os temos diante, senón encima: chámanse euro, chámanse TTIP, chámanse Comisión Europea ou liberdade de movemento dos capitais… Queremos dicir con isto que o cambio ou será internacional ou non será, e consideramos unha obriga moral dos movementos sociais ter máis amplitude de miras e superar as oportunidades electorais de pequena escala.

Saiamos á rúa de novo. Vaiamos facendo músculo e tomando conciencia. Porque para asaltar os ceos antes cómpre definir e decidir qué ceos son os que queremos asaltar. E se consideramos como tales a prepotente Unión Europea, as corporacións internacionais e os grandes financeiros, cómpre aceptar non só non se resentiron do primeiro asalto do #15M, é que, incomoda recoñecelo, incluso saíron reforzados.

Aprendamos a lección, pero que eso tampouco nos desanime.

Outra vez estaremo na rúa. Queda moito por diante, pero polo menos temos outra ferramenta para avanzar con máis forza e profundidade contra aqueles que limitan a democracia, esquilman o planeta e degradan as nosas vidas.

Non é que mereza a pena intentalo, é que non existe outra saída.

Pd: as urxencias do activismo leváronnos a poñer “mayo” no canto de maio

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: