Renda Básica: a que esperamos? Debate en Podemos A Coruña.

CARTEL-WEB-Hoxe tivemos ocasión de falar na sede de Podemos sobre a Renda Básica Universal, unha proposta que Attac ven mimando dende hai tempo e que nos últimos meses está a evolucionar impulsada pola propia realidade social. A súa crecente aceptación cidadana e o feito de que moitas forzas políticas chegasen a integrala, dun ou doutro xeito, nos seus programas políticos, parece estar esixíndonos aos defensores desta idea unha moi positiva e constante actualización e valoración.

Por iso quixemos aproveitar a oportunidade que nos deu Podemos de participar nunha das súas charlas formativas, e máis tratándose dunha organización dentro da cal se está xestando unha proposta sobre Renda Básica na que aínda non parece existir unanimidade. Neste sentido, non revelamos ningún segredo se dicimos que algúns partidos nos que moitas persoas depositan a esperanza dun cambio político e que decidiran incluíla nos seus programas europeos, como Esquerda Unida ou Podemos, semellan estar botándose para atrás dalgún xeito. No primeiro caso, cambiando inesperadamente de traxectoria e optando pola vía do Traballo Garantido; no segundo caso, optando probablemente por unha versión reducida da RB que a faga máis asimilable neste difícil contexto político.

Todo iso debe ser obxecto de reflexión e debate nun momento de auténtica oportunidade de cambio, por iso quixemos aproveitar para reforzar as esencias da RB, reafirmar os seus argumentos e tamén asumir sen medo as posibles dificultades (cremos que poucas) e efectos indesexados (cremos que pequenos) que podería xenerar a súa implantación.

Pois ben, podemos dicir que o resultado do encontro foi moi positivo. Xurdiron no debate consideracións interesantes e abertas sobre moitos aspectos, que non podemos reflectir nesta simple reseña. Houbo, por exemplo, quen xustificou e razonou que eran precisos pasos previos para facela viable políticamente. Tamén houbo quen a contextualizou no marco dunha loita de clases moi ampla e invitou a aplicala sen maiores xustificacións nin dialécticas que pretendan calmar a eses poderes que tantos desmáns e abusos cometeron. Pola súa parte, outras persoas constataron a incrible falta de visibilidade da pobreza, a insuficiencia das medidas paliativas perante este retroceso nos dereitos laborais e sociais, así como a preocupación da posible inaplicabilidade nos países empobrecidos dunha medida concebida prioritariamente por países ricos para resolver os seus problemas. Ademais, non faltaron voces que incidiron na necesidade de revalorizar o traballo doméstico ou reproductivo, nomeadamente en mans femininas, unha aportación que mantén ao sistema en pé pero que non computa como un aporte relevante para a nosa economía.

Acabamos dicindo que en Attac amosamos a nosa total disposición a enriquecer calquera debate e alimentar calquera proposta que favoreza a xustiza económica e a evolución democrática e sostible da nosa sociedade. E mentres non se demostre que existen mellores opcións, insistiremos na defensa daquelo que nós cremos que encarnaría o dereito emerxente da Renda Básica, una proposta que, como ben titula Cive Pérez no seu recente libro, pode ser “a peor das solucións posibles… se exceptuamos todas as demais”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: