A Coruña, clamou contra a Troika

Vimos de realizar, xunto coas Marchas da Dignidade, un acto de protesta no Obelisco en apoio ao Pobo de Grecia e estamos satisfeit@s co resultado. A asistencia foi significativa e nós interpetamos a concentración como o comezo dunha toma de conciencia  que medrará entre as coruñesas e os coruñeses ata lograr implicalos na causa grega, que tamén é a nosa: a da loita contra esta Europa inxusta e desigual.

O acto en sí foi moi sinxelo, e como xa circulan gravacións doutros grupos pola rede, simplemente poñemos algunas imaxes e, ao pe,  o COMUNICADO que se leu.

3

Algunha xente non entendía o grego, pero coideime de poñer ao pe unha traducción literal: QUE LLE DEAN POLO CU Á TROIKA. Foi un grave erro. En realidade, tiña que telo escrito en alemán, para que o entendesen os auténticos destinatarios da mensaxe…

2

Onde está Wally? Houbo só unha persoa que entendeu e aplicou 100% a idea que propuxemos  de identificar a bandeira grega coa equipación coruñesa…

1

O COMUNICADO QUE FIXEMOS FOI ESTE:

Veciñas e veciños da Coruña

As Marchas da Dignidade queremos celebrar hoxe este acto de protesta no marco da “Semana de Solidariedade con Grecia”, que convocaron numerosas organizacións e asociacións, para amosar dende A Coruña o noso firme apoio ao Pobo grego.

Como todas sabedes, este país está a sufrir a fase final dunha implacable chantaxe por parte da Troika para que o seu Goberno asuma unhas medidas de austeridade inaceptables.

A situación pinta moi mal para Grecia. A súa débeda cómelle mais da metade dos presupostos e a pobreza e o paro están a xenerar neste humilde país, que foi a orixe de Europa, unha auténtica crise humanitaria. Pero os capitais oportunistas, que ata agora se aproveitaron da súa economía, fuxen sen remedio, e os donos de Europa néganse a reestruturarlle a débeda en condicións asumibles. A Troika ten outros plans para o goberno grego, e todos pasan por recortes e reformas que empobrecerían aínda máis á cidadanía.

Só podemos concluír que a Troika está a usar a Grecia para demostrarnos que só temos unha saída: a que determine o gran capital. Estraña que tan arrogante e brutal actitude aínda non teña recibido unha contestación social poderosa. Seguramente ocorre que, ata agora, conseguiron culpar á vitima da súa propia desgraza e lograron enfrontar á cidadanía dos distintos países. Cantas veces teremos escoitado que o pobo de Grecia foi derrochador mentres o pobo alemán merece prosperar pola súa seriedade?

Agora dámonos de conta de que todo isto xa chegou demasiado lonxe e temos que comezar a desmontar as mentiras que xustifican os seus abusos. Por iso cómpre dicir ben alto que Grecia, igual que España ou Portugal, procede dunha ditadura que a empobreceu, ten unha democracia menos desenvolvida e aínda lastran a súa economía unhas élites que a dirixen para o seu exclusivo benefizo. Hai que explicar que a integración no euro foi unha auténtica trampa para as economías do sur, que non logramos seguir o ritmo marcado polos poderosos países do norte, os que tanto se lucran das nosas deficiencias. Debemos aclarar que as institucións europeas estannos a privar da nosa liberdade para devaluar a moeda, para ter bancos nacionais autónomos, para controlar o rumbo da nosa economía.

Con estes e outros argumentos debemos enfrontarnos a esa Troika prepotente, a esa Europa que favorece aos especuladores, que nos trata como mercancía, que quita e pon tratados e constitucións ao dictado das grandes corporacións e que dicta normas que restrinxen dereitos e empobrecen persoas.

Non negaremos que temos un difícil partido por diante, pero as gregas e os gregos xa saíron ao campo e están dispostas a loitar. A súa coraxe emociónanos, e o seu goberno, ao asumir fielmente o mandato do Pobo, regálanos unha auténtica lección de democracia. Imaxinades ao goberno de Rajoy convocando a referéndum para determinar que queremos facer coa nosa débeda?

Veciñas e veciños da Coruña, o Pobo de Grecia case non pode máis, pero estase a defender con gran dignidade.  O menos que podemos facer é vestir as súas cores, que tamén son as nosas, e saír con eles a dalo todo no campo.

Coruñesas e coruñeses, hoxe é un bo día para comezar a xogar na casa vestindo as cores do noso equipo, o equipo grego.

Venceremos á Troika.

Venceremos !!

Moitas grazas

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: