Fuego cruzado contra la Renta Básica.

fogo-rbLUME CRUZADO CONTRA A RENDA BÁSICA

(* versión en castellano al pie)

Quixera aproveitar un texto de Henrique Lijó que descubrín recentemente nas páxinas da revista Praza  para desenvolver algúns argumentos a favor da Renda Básica neste momento no que moitas das voces críticas co sistema parecen aliarse coas forzas máis conservadoras para opoñerse a unha renda incondicional para toda a cidadanía.

Comecemos dicindo que o titulo “Tudo contra a Renda Básica” denota unha predisposición pouco compatible cunha análise mínimamente obxectiva, pois resulta difícil de crer que o autor non atope nin un aspecto positivo nunha proposta político-económica de mellora social cunha traxectoria teórica e política de decenios, centos de estudos favorables,  prestixiosos expertos que a defenden e unha viabilidade económica cada vez máis evidente.

Aínda así, nada pode evitar que a oposición á RB medre paralela ao seu éxito. É prefectamente previsible, por exemplo, que aparezan panfletos neoliberais titulados “Contra la Renta Básica” (J.R. Rallo), coa intención de neutralizar unha idea que xa comezan a tomar en serio; o que quizais non  sexa  tan normal é a abundancia de “lume amigo”…

Por suposto que xorden argumentos dignos de atención entre os detractores,  pero os defensores esperamos acusacións algo máis trabadas ca que nos regala H. Lijó no comezo da súa sarabia de prexuízos: “[…] as desigualdades sociais nao se vam solucionar repartindo dinheiro”. Unha acusación despectiva ben fácil de desvirtuar: basta con substituír o concepto “dinheiro” polo de “riqueza”. Ou acaso pretende que aceptemos que “as desigualdades sociais non se vam solucionar repartindo A RIQUEZA”?  Precisamente diso trata a Renda Básica: de redistribuír riqueza.

En realidade, a RB non é máis ca unha medida concreta e eficaz de mellora social, coma se deron tantas outras. Igual que o dereito á saúde tomou corpo neste país cunha sanidade pública ou a democracia plasmouse no dereito a exercitar o voto, na RB materializaríase o dereito á subsistencia digna, imprescindible para poder desfrutar de todos os demais dereitos.

Comecemos  discutindo a afirmación de que non vai erradicar a pobreza.  Os estudos de referencia que usamos (Raventós, Arcaróns e outros), fundados en amplísimos mostraxes, revelan a posibilidade de reducir a desigualdade nun  38% en España (35.000 millóns cambiarían ao sector máis desfavorecido) ata acadar os niveis dos países máis equitativos de Europa.  Aclaramos tamén que a RB terá a contía que queiramos darlle (nos ditos cálculos equivale a un salario base, o que cobran un 35% dos traballadores en España), pero sempre se lle outorga a cada cidadán sen sustraer nin un euro dos servicios sociais. A maior abundancia, actualizaríase segundo o nivel de vida e contaría, para evitar degradacións salariais, co apoio complementario da existencia do dito salario mínimo, aparte de conferir absoluta liberdade a os beneficiarios, que queiran ou poidan, de desenvolver ocupacións alternativas sen perder ese ingreso do estado.

Respecto á ameaza da inflación, xa foi rebatida moitas veces pero cómpre insistir en que asegurar que se vai producir é tan especulativo como alegar o contrario, destacando que ao non xerar masa monetaria e redirixila en gran medida cara ás persoas máis empobrecidas, non parece moi plausible que a xente humilde vaia incorrer nunha orxía de dispendio consumista cando teñen que cubrir as súas necesidades básicas.

É importante aclarar que as persoas con rendas altas tampouco disporán dun suplemento para o derroche porque recibirían a renda básica tras compensala, con creces, mediante unha forte carga impositiva nos seus ingresos. En calquera caso, non parece verosímil sinalar na inflación un dos puntos por onde con certeza crebará a proposta dado que naquela concorren múltiples factores, imposibles de predecir moitas veces, pero controlables en gran medida nun sistema económico aberto que conta con poderosos mecanismos e institucións correctoras.

En canto a caracterizar a proposta como “anti-ética” debo confesar a miña absouta perplexidade. É “anti-ético” garantir a subsistencia digna da cidadanía, incluíndo a ese 1/3 de nenos ou ese  22% de persoas que viven atenazados pola pobreza neste País?  Lijó apela a que os recursos que alimentarían a RB serían o froito inmoral das guerras imperialistas, da colonización e doutras perversións que arrastra o sistema capitalista. Pero resulta un auténtico disparate argumental que coloque a RB nun compartimento estanco e fóra da situación existente para atribuírlle, en exclusiva, a culpa de usar recursos obtidos con métodos pouco lexítimos. Non é posible  sortear ese problema dun día para outro, e moito menos que o impoñan coma condición previa a calquera idea de mellora. Tería tanto sentido coma se en todo o mundo só lles esixisen aos coruñeses vivir a pan e auga e sen calefacción (ata desnutrirnos e enfermar) mentres non se resolvan as malas prácticas económicas e o exceso de CO2 no resto do planeta. Evidentemente, hai sectores máis superfluos nos que comezar o esforzo do decrecemento sen comprometer a nosa supervivencia digna.

Polo mesmo motivo, paréceme contrario á razón que manteña que esta proposta aceleraría a insostibilidade ao potenciar o crecemento e o esgotamento dos recursos físicos. Se o sistema adoece de desequilibros tan graves que o leven ao colapso, colapsará con ou sen RB. Pero tanto esta como  a sanidade ou, poñamos, o abastecemento de auga non teñen forma de eludir os mecanismos indesexables no marco dunha economía en crecemento. E sendo este problema inconmensurable e a responsabilidade de cada sector imposible de determinar, mentres arranxamos as disfuncións non podemos deixar de cubrir unhas necesidades perentorias como curar á xente, proveer de auga as cidades e proporcionar ás persoas unha vida decente.

Pero nin a RB ten por que impedir o decrecemento nin está abocado a fracasar se cesa o crecemento: os recursos que se produzan no sistema serán os que reparta a RB. Insisto en que se trata dunha ferramenta redistributiva dos recursos xa existentes, non dunha “paga extra”.

A xustificación de fondo de tan severas acusacións, que atribúen á RB un papel determinante na chegada da previble catástrofe, é a caracterización da proposta, sen proba ninguna, coma unha mera estratexia de emerxencia para rearmar a destrutiva dinámica de produción-consumo. Eu acepto que como argumento para dar saída ás poses políticas máis combativas non está nada mal, pero vai ter que  esmerarse moitísimo en achar una explicación ao feito revelador de que despois de 30 anos de traxectoria, a RB xamais puido liberarse da feroz oposición por parte dos que detentan o poder.

O penúltimo asalto en descrédito da proposta dedícallo o autor do artigo á futilidade da Renda Básica en relación coa emancipación, coa soberanía e co control da sociedade sobre os medios de produción… Por non estenderme, apelarei ao instinto dos lectores: pensen nunha cantidade básica para un estudante que teña que continuar a formación fóra da súa localidade; para cada un dos tres parados que pensan montar un despacho ou un taller propio; para una parella de campesinos que van poder manter a súa horta sen necesidade de emigrar, contando, todos eles, coa seguridade dun ingreso básico…  A RB aspira a ser unha das medidas (non a única medida) que favoreza unha vida digna erradicando a pobreza, limitando a explotación no traballo e dando liberdade para elixilo, promovendo a recuperación de espazos económicos fóra da influencia dos grandes corporacións, impulsando iniciativas sociais de desenvolvemento calmado, autónomo e localizado e poñendo ferramentas de realización persoal e colectiva (cooperativismo, autoformación, autoxestión) nas mans da propia cidadanía. Iso por non mencionar o encaixe perfecto que acharía no inaprazable reparto do tempo de traballo e na valorización do que se realiza no ámbito doméstico ou de xeito voluntario.

Por último, a cidadanía post-RB non será unha sorte de masa idiotizarada, desmobilizada e sen o menor instinto de mellora. Este pesimismo antropolóxico xa o escoitamos máis veces, pero ademais de negar a intrínseca vocación de cambio e mellora do ser humano, pódese rebater pola vía contraria, evidenciando o difícil que sería na actualidade saír a buscar esa ansiada emancipación. Porque estar escravizado 10 horas ao día por 800 euros baixo ameaza de despido ou vivir na exclusión social non coloca a unha persoa nas mellores condicións para ser activista, reflexionar sobre os dereitos colectivos ou acometer revolucións emancipadoras. A RB non foi concebida para cambiar o sistema, pero pódese inserir audazmente no sistema para reconducilo na busca duns principios de solidariedade e autonomía que nin os máis impacientes revolucionarios deberían rexeitar.

E  neste punto acabo a defensa fronte ao arrebato destrutivo do compañeiro Lijó. Que cada un xulgue se unha medida de avance social tan en sintonía coas historicamente desenvolvidas merece un lume cruzado tan pouco rigoroso. Recapitulemos os puntos que, segundo Lijó, caracterizan e ao tempo condenan á RB: dilapida enerxía,  resulta anti-ética,  dispara a inflación, impide a emancipación, promove o extractivismo, enquista a pobreza… Seguindo esa liña argumentativa non me estrañaría que no seguinte artigo comece a dicir que tamén causa impotencia.

A modo de epílogo deixo unha reflexión para os lectores: non lles parece que unha medida que pode liberar a toda a poboación da angustia de chegar a fin de mes é o máis anticapitalista e emancipador que podemos lograr neste momento? Por desgraza, témome que a Renda Básica Universal non vai ser completamente aplicada por ningún dos partidos que a ofreceron, pero quizais lle conveña ao dito autor reflexionar sobre a súa preocupante renuencia a asumir a vontade da cidadanía, que a aceptou con enorme interese nas últimas eleccións.

César Villar

 

VERSIÓN EN CASTELLANO (la pereza me ha llevado a usar un traductor automático, quizá existan errores)

He querido aprovechar un texto de Henrique Lijó que descubrí recientemente en las páginas de la revista Plaza para desarrollar algunos argumentos a favor de la Renta Básica en este momento en el que muchas de las voces críticas con el sistema parecen aliarse con las fuerzas más conservadoras para oponerse a una renta incondicional. Comencemos diciendo que lo titulo “Tudo contra la Renta Básica” denota una predisposición poco compatible con un análisis objetivo de forma mínima, pues resulta difícil de creer que el autor no encuentre ni un aspecto positivo en una propuesta político-económica de mejora social con una trayectoria teórica y política de decenios, cientos de estudios favorables, prestigiosos expertos que la defienden y una viabilidad económica cada vez más evidente.

 

Por supuesto que surgen argumentos dignos de atención entre los detractores, pero los defensores esperamos acusaciones algo más trabadas que que nos regala H. Lijó en el comienzo de su granizada de prejuicios: “[…] las desigualdades sociales nao  se vam solucionar repartendo dinheiro”. Una acusación bien fácil de desvirtuar: basta con sustituir el concepto “dinheiro” por lo de “riqueza”. ¿O acaso pretende que aceptemos que “las desigualdades sociales no se van a solucionar repartiendo la RIQUEZA”? Precisamente de eso trata la Renta Básica: de redistribuir riqueza.

 

En realidad, la RB no es más que una medida concreta y eficaz de mejora social, como se dieron tantas otras. Igual que el derecho a la salud tomó cuerpo en este país con una sanidad pública o la democracia se plasmó en el derecho a ejercitar el voto, en la RB se materializaría el derecho a la subsistencia digna, imprescindible para poder disfrutar de todos los demás derechos.

 

Comencemos discutiendo la afirmación de que no va a erradicar la pobreza. Los estudios de referencia que usamos (Raventós, Arcaróns y otros), fundados en amplísimos muestreos, revelan la posibilidad de reducir la desigualdad en un 38% en España (35.000 millones cambiarían al sector más desfavorecido) hasta conseguir los niveles de los países más equitativos de Europa. Aclaramos también que la RB tendrá la cuantía que queramos darle, pero siempre se le otorga a cada ciudadano sin sustraer ni un euro de los servicios sociales. A mayor abundamiento, se actualizaría según el nivel de vida y contaría, para evitar degradaciones salariales, con el apoyo complementario de la existencia del dicho salario mínimo, aparte de conferir absoluta libertad a los beneficiarios que quieran o puedan desarrollar ocupaciones alternativas sin perder ese ingreso del estado.

 

Respecto a la amenaza de la inflación, ya fue rebatida muchas veces pero hay que insistir en que asegurar que se va a producir es tan especulativo como alegar lo contrario, destacando que al no generar masa monetaria y redirigirla en gran medida hacia las personas más empobrecidas, no parece muy plausible que la gente humilde vaya a incurrir en una orgía de dispendio consumista cuando tienen que cubrir sus necesidades básicas.

 

Es importante aclarar que las personas con rentas altas tampoco dispondrán de un suplemento para el derroche porque recibirían la renta básica tras compensarla, con creces, mediante una fuerte carga impositiva en sus ingresos. En cualquier caso, no parece verosímil señalar en la inflación uno de los puntos por donde con certeza quebrará la propuesta dado que en aquella concurren múltiples factores, imposibles de prever con precisión pero relativamente controlables en un sistema económico abierto que cuenta con poderosos mecanismos e instituciones correctoras.

 

En cuanto a caracterizar la propuesta como ” anti-ética” debo confesar mi absouta perplejidad. ¿Es ” anti-ético” garantizar la subsistencia digna de la ciudadanía, incluyendo a ese 1/3 de niños o ese 22% de personas que viven atenazados por la pobreza en este País? Lijó apela a que los recursos que alimentarían la RB serían el fruto inmoral de las guerras imperialistas, de la colonización y de otras perversiones que arrastra el sistema capitalista. Pero resulta un auténtico disparate argumental que coloque a RB en un compartimento estanco y fuera de la situación existente para atribuirle, en exclusiva, la culpa de usar recursos obtenidos con métodos poco legítimos. No es posible sortear ese problema de un día para otro, y mucho menos que lo impongan como condición previa a cualquier idea de mejora. Tendría tanto sentido como si en todo el mundo solo les exigieran a los coruñeses vivir a pan y agua y sin calefacción (hasta desnutrirnos y enfermar) mientras no se resuelvan las malas prácticas económicas y el exceso de CO2 en el resto del planeta. Evidentemente, hay sectores más superfluos en los que comenzar el esfuerzo del decrecimiento sin comprometer nuestra supervivencia digna.

 

Por el mismo motivo, me parece contrario a la razón que mantenga que esta propuesta aceleraría a insostenibilidad al potenciar el crecimiento y el agotamiento de los recursos físicos. Si el sistema adolece de desequilibrios tan graves que lo lleven al colapso, colapsará con o sin RB. Pero tanto ésta como la sanidad o, pongamos, el abastecimiento de agua no tienen forma de eludir los mecanismos indeseables en el marco de una economía en crecimiento. Y siendo este problema inconmensurable y la responsabilidad de cada sector imposible de determinar, mientras arreglamos las disfunciones no podemos dejar de cubrir unas necesidades perentorias como curar a la gente, proveer de agua las ciudades y proporcionar a las personas una vida decente.

 

Pero ni la RB tiene por que impedir el decrecimiento ni está abocado a fracasar si cesa el crecimiento: los recursos que se produzcan en el sistema serán los que reparta a RB. Insisto en que trata de una herramienta redistributiva de los recursos ya existentes, no de una “paga extra”. La justificación de fondo de tan severas acusaciones, que atribuyen a la RB un papel determinante en la llegada de la previsible catástrofe, es la caracterización de la propuesta, sin ninguna prueba, como una mera estrategia de emergencia para rearmar la destructiva dinámica de producción-consumo. Yo acepto que como argumento para dar salida a las poses políticas más combativas no está nada mal, pero va a tener esmerarse mucho en hallar una explicación al hecho revelador de que después de 30 años de trayectoria, la RB jamás pudo liberarse de la feroz oposición por parte de los que detentan el poder.

 

El penúltimo asalto en descrédito de la propuesta se lo dedica el autor del artículo a la futilidad de la Renta Básica en relación con la emancipación, con la soberanía y con el control de la sociedad sobre los medios de producción … Por no extenderme, apelaré al instinto de los lectores: piensen en una cantidad básica para un estudiante tenga que continuar su formación fuera  de su localidad; para cada uno de los tres parados que piensan montar un despacho o un taller propio; para una pareja de campesinos que van a poder mantener su huerta sin necesidad de emigrar, contando con la seguridad de un ingreso básico… La RB aspira a ser una de las medidas (no la única medida) que favorezca una vida digna erradicando la pobreza, limitando la explotación en el trabajo y dando libertad para elegirlo, promoviendo la recuperación de espacios económicos fuera de la influencia de los grandes corporaciones, impulsando iniciativas sociales de desarrollo calmado, autónomo y localizado y poniendo herramientas de realización personal y colectiva (cooperativismo, autoformación, autogestión) en las manos de la propia ciudadanía. Eso por no mencionar el encaje perfecto que hallaría en el inaplazable reparto del tiempo de trabajo y en la valorización del que se realiza en el ámbito doméstico o de manera voluntaria.

 

Por último, la ciudadanía post-RB no será una suerte de masa idiotizada, desmovilizada y sin el menor instinto de mejora. Este pesimismo antropológico ya lo hemos escuchado más veces, pero además de negar a intrínseca vocación de cambio y mejora del ser humano, puede rebatirse por la vía contraria, evidenciando el difícil que sería en la actualidad salir a buscar esa ansiada emancipación. Porque estar esclavizado 10 horas al día por 800 euros bajo amenaza de despido o vivir en la exclusión social no coloca a una persona en las mejores condiciones para ser activista, reflexionar sobre los derechos colectivos o acometer revoluciones emancipadoras. La RB no fue concebida para cambiar el sistema, pero puede insertarse audazmente en el sistema para reconducirlo en la búsqueda de unos principios de solidaridad y autonomía que ni los más impacientes revolucionarios deberían rechazar.

 

Y en este punto acabo la defensa frente al arrebato destructivo del compañero Lijó. Que cada uno juzgue si una medida de avance social tan en sintonía con las históricamente desarrolladas merece un fuego cruzado tan poco riguroso. Recapitulemos los puntos que, según el compañero Lijó, caracterizan y al tiempo condenan la RB: dilapida energía, resulta anti-ética, dispara la inflación, impide la emancipación, promueve el extractivismo, enquista la pobreza … Siguiendo esa línea argumentativa no me extrañaría que en el siguiente artículo comience a decir que también causa impotencia.
A modo de epílogo dejo una reflexión para los lectores: no les parece que una medida que puede liberar a toda la población de la angustia de llegar a fin de mes es el más anticapitalista y emancipador que podemos lograr en este momento? Por desgracia, me temo que la Renta Básica Universal no va a ser completamente aplicada por ninguno de los partidos que la ofrecieron, pero quizás le convenga al autor reflexionar sobre su preocupante renuencia a asumir a voluntad de la ciudadanía, que la asumió con enorme interés en las últimas elecciones.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: