Charla: En defensa da Renda Básica fronte ao Traballo Garantido

Velaiquí o vídeo da Charla en Oza na que a CIG e ATTAC A Coruña participamos da man da Asociación de Veciños de Oza-Gaiteira-Os Castros sobre a proposta da Renda Básica.

Non redundaremos moito máis nos comentarios reflectidos na reseña anterior, pero apetécenos aclarar que o limitadísimo tempo para expoñer un tema tan necesitado de explicacións imposibilitou desenvolver a prometida controversia RB/TG cun mínimo de serenidade que facilitase a súa comprensión; e moito menos, sacar partido a un debate no que poder tratar os inconvenientes que se lle opuxeron, como a da inflación, no que, por certo, voces máis calificadas ca nosa téñense explicado sobradamente e, polo que se ve, tamén infroitosamente…

Defensa da Renda Básica fronte ao Traballo Garantido from Attac Corunha on Vimeo.

Pero ademais da aparición dese “clásico”, volvéronselle atribuír á RB moitas responsabilidades tan desproporcionadas como indemostrables. Ao parecer, aínda abonda a xente que pensa que os promotores da Renda Básica prometen a resolución inmediata de todos os problemas da Terra en materia social, política e ecolóxica grazas á máxica modificación dunha pequena peza que recomporía o funcionamento da maquinaria capitalista. Como se algo así puidese facerse…

Preguntámonos en virtude de que idea se responsabiliza á RB  de que non solucione o cambio de paradigma produtivista, non resolva o problema do cambio climático ou non recompoña ipso facto a xustiza nas relacións económicas entre o Norte e o Sur… Parécenos incrible. Resulta que ata vai ser contraproducente sacar á xente da pobreza porque iso suporía ter que seguir alimentando a besta depredadora do capitalismo… Ou sexa, que é mellor que os pobres sigan pobres ata que alguén tan rigoroso coma eles artellen (se cadra nun par de séculos ou tres) unha revolución nacida dende fora do sistema e perfecta dende os seus inicios. O caso é que, así, coma estas, seguen sumando os opositores á RB ducias de tarefas revolucionarias inalcanzables na lista de asuntos pendentes para unha proposta tan razoable e inmediata.

Por desgraza, parece que aínda queda moito para que todo o mundo entenda que a RB só aspira a cubrir nos países ricos e nos países empobrecidos (onde tamén é viable) un dereito básico ao sustento material mediante unha verosímil reforma redistributiva. Aspira, que non é pouca cousa, a quitarlle parte do poder sobre as nosas vidas ao gran capital, a facilitar iniciativas sociais de desenvolvemento calmado, autónomo e localizado, a poñer ferramentas de realización persoal e colectiva nas mans da propia cidadanía, a recuperar una importante parte da riqueza que xenera un sistema deseñado por e para os ricos. Pero, sobre todo, aspira a que cada ser humán teñan garantida a posibilidade de existir sen penurias como base para o exercicio de todos os demais dereitos. O irritante é que a moit@s todo isto aínda lles segue parecendo pouca cousa…

Quedaremos á espera, entón, de que algún/has iluminad@s revolucionari@s acometan dunha vez por todas o moi desexado asalto ao Pazo de Inverno do Capital e dean co xeito de resolver dun único e certeiro golpe todos os problemas do Planeta sorteando, por suposto, as pequenas dificultades técnicas que eles consideran insuperables se intentamos implantar melloras sustanciais coma a da Renda Básica. Os famentos terán que esperar por razóns estratéxicas: aínda hai moito que falar, calcular a inflación, ver que cara colle o mundo laboral, agardar a que a cidadanía tome o poder político… E despois xa, sempre que coincida ben, porémonos co tema do sustento diario dos nenos pobres e esas outras cousas secundarias.

Sen embargo, nós temos outra visión. Por iso que, mentres nos achegan ese tan esperado e improbable fito histórico, aquí vos deixamos este vídeo por se vos proporciona algunha idea do que queremos para mañá e do que necesitamos para hoxe.

César

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: