Reseña sobre a charla Renda Básica fronte a Traballo Garantido

O 04.05.2015, celebrouse no Fórum Metropolitano a charla organizada pola Asociación Veciñal de Oza-Gaiteira-Os Castros, representada por Eduardo Feixo, que moderaba o acto, contando coa intervención de Xavier Filgueira, do Sindicato CIG e de quen subscribe, membro de Attac A Coruña.

foto charla

A afluencia foi máis baixa que noutras ocasións a pesar do interese que está a suscitar a “rivalidade” RB/TG. E aínda que, tal como se anunciou no seu momento, se descartara a posibilidade de formalizar un debate entre participantes de posicionamentos opostos, intentouse abordar polo menos unha descrición de ambas as dúas propostas polo representante de Attac A Coruña. É dicir, confesamos que houbo apaño: a mesma persoa que defendía a RB, encargouse de “atacar” o Traballo Garantido.

Deu comezo ao acto Eduardo, vogal da Asociación de Vecinos de Oza-Gaiteira-Os Castros, que destacou o interese destes encontros e charlas que xurden das propostas da propia veciñanza. Inclúen algunhas de índole ecolóxica, patrimonial e tamén cuestións económicas e sociais que lles afectan aos/ás veciñ@s  moi directamente nesta situación de crise. A súa Asociación ven desenvolvendo actividades de denunza e divulgación sobre temas de interese social dende hai anos.

Pola súa banda, o representante do CIG realizou unha descrición breve do actual estado de deterioración de dereitos no mundo laboral e defendeu o Salario de Inserción Laboral, unha proposta que fixeron chegar ao propio Parlamento Galego (infroitosamente, dado o signo político do governo en exercicio)  coa vocación de reverter, na medida do posible, a corrente neoliberal que arrasa dereitos aos/as trabajador@s xerando gran desigualdade e ocasionando a aparición dunha figura, cada vez máis frecuente e preocupante: a d@s traballador@s pobres, que non alcanzan o mínimo para subsistir. Como medida de choque, especificamente dirixida á clase social prexudicada pola crise e de intereses totalmente contrapostos aos sectores que incrementaron os seus beneficios con ela, propoñen a aplicación dese Salario que dote dun sustento digno a parad@s e cidadan@s en situación de pobreza.

Dende as filas de Attac, en cambio, describiuse a Renda Básica como un plan eficaz e perfectamente viable non só contra a crecente desigualdade e polarización social, senón a favor dun sustento digno para toda a cidadanía, sen condicións. Para elo, expuxéronse algúns argumentos que xa constan en charlas anteriores, se ben nesta ocasión achegáronse argumentos “en contra” do rival emerxente, o Traballo Garantido, coa fin de enriquecer o debate sobre cal é a mellor forma de abordar un Plan en materia económica e social contra dos intereses dos grandes poderes económicos, que de momento van gañando a contenda.

Apuntáronse fronte ao Traballo Garantido (unha proposta que non é nova pero si de renovada aceptación) argumentos sobre a súa inviabilidade económica (polo menos na súa versión plena), social e ata legal,  así como que os seus fundamentos éticos e filosóficos resultan máis discutibles que os da Renda Básica, que o relator considera manifestamente superiores.

Finalmente, @s asistentes formularon preguntas de toda índole. Saíu (xa é un clásico), a que probablemente constitúa a preocupación máis crucial para a supervivencia da cidadanía coruñesa a xulgar polas obxeccións que xurden en todos os debates sobre a RB: a inflación. Concepto este moi  esvaradizo, flutuante e manipulable, que se adiviña como unha limitación dramática para o caso da eventual implantación da RB. Escoitáronse de novo dúbidas sobre a viabilidade técnica da RB nesta materia inflacionaria facendo gala dunha vocación técnica propia de economistas (con definicións teóricas incluidas, iso sí, sen profundizar máis aló do categórico e discutible enunciado, o que sen dúbida nos tería axudado a tod@s) que o poñente intentou cubrir coas 4 razóns que coñece, obtidas de expertos que a defenden, xa que el non o é.

En calquera caso, resulta curioso en cada charla da RB nun tema que ten tantas implicacións sociais, morais, e ata antropolóxicas, veña este problema da inflación, meramente técnico, secundario e facilmente superable siga a ser obxecto de tan desmedida atención (iso se se produce, e contando tamén con que, por forza, calquera proxecto económico que se acometa implicará por forza de certo grao de incertidume). Será que como é tan técnico e non resulta fácil de determinar convérteo para os opositores da RB nunha “peza fácil”? Non sei. Pero está claro que tampouco foi nunca rebatido con éxito aos ditos expertos, do contrario a RB non podería seguir vixente como idea tras 30 anos. Outros asistentes, sen embargo, optaron por apoiar o radical posicionamento ético e igualitario da Renda Básica e o dereito a non corresponder colaborando cun sistema que desatende os nosos dereitos fundamentais; ou ben apuntaron a necesidade de unir forzas fronte a un dominio económico e mediático abondo idiotizante que cómpre contrarrestar. Tamén houbo quen acusou a RB de utópica sen maiores miramentos nin fundamentos (e en ocasións sen moitas formas, que todo hai que dicilo), e ata houbo algún que non dubidou en exponer una completa lista de preguntas-reproche esaxeradamente extensas  e que non puideron ser tratadas con detalle dadas as limitantes normas de moderación. Aproveitamos, por último, para aclarar a última pregunta que se realizou,  moi sinxela de responder,  pero cuxo formulamento non foi entendido polo poñente que subscribe (por non escoitar correctamente e tamén pola mistura mental de dúas preguntas case simultáneas), e que se aborda agora ao pé.

Agradecemos aos organizadores, participantes e a tod@as as asistent@s a súa presenza no acto. Esperamos que fose do voso interese e en breve colocaremos un vídeo do evento.

César

 ** Aclaración:
Perdoa, compañeiro. Citei a toda presa (o tempo era escaso) o exemplo de Holanda, onde o monto de prestacións e axudas podería  incluso ser equivalente ao dunha eventual Renda Básica, e quizais despois reproducín o exemplo sen avisar que me refería a ese país, non o sei. Pero en España non é así, evidentemente. Supuxen que iso xa quedara claro e que a túa pregunta non incidía neste punto; só a reconsiderei ao ver porcións do vídeo gravado. Como indiquei, hai moito diñeiro de prestacións que se  reorganiza e unifica na RB e iso facilita moito o seu financiamento, pero se aplicamos un tipo impositivo do 49% é, evidentemente, porque non chega o diñeiro. É dicir, a porcentaxe que hoxe cubre as prestacións e pensións en España  NON É SUFICIENTE (nin sequera reorganizándoas) para unha renda básica: para iso debemos quitarlles 35.000 M€ aos que máis teñen. Lamento a confusión, pero calquera artigo dos máis sinxelos do financiamento da RB dos autores que citamos na charla cho explicará moi claramente.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: