Intervención de Attac A Coruña na Radio Galega

Hoxe, día 22 de abril, Attac A Coruña tivo unha breve participación nun espazo sobre o TTIP dentro do programa Galicia por Diante, da Radio Galega.

captura GALICIA POR DIANTE

Se tendes un anaco de tempo para escoitar o audio, poderedes comprobar como a profesora de Economía da USC María Cadaval, invitada no estudio, non tivo reparos en recorrer constantemente á ambigüidade coa fin de contrarrestar as aportacións críticas e os  datos inquedantes traídos da man de ECOAR e de ATTAC A CORUÑA (previamente gravadas mediante conversa telefónica das que se obtiveron breves fragmentos ou resumes dos locutores).

Mediante argumentacións prospectivas sen soporte real, cando non abertamente fantasiosas, a economista  chegou a amosar ás veces un optimismo chirriante; así ocorreu cando mencionou a posible penetración da viticultura galega en USA omitindo algo tan básico como que perderemos as denominacións de orixe, esas que deron vida a comarcas e sectores galegos de gran relevancia. Esa e outras foron unha mostra abondo elocuente dos razoamentos sesgados cos que @s amig@s do gran capital intentan defender o indefendible: que o TTIP benefizaría ás PYMES e ás clases “medias” (por certo, nada din nunca das clases populares con pouco poder adquisitivo, que somos maioría: suponse que xa nos chega co que sobre do “goteo”  da actividade sempre desexable dos emprendedores alfa) .

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Está claro que  xa existe unha enorme cantidade de indicios que preocupan a  centos de colectivos e a millóns de cidadáns/nas europe@s e que iso require un formato máis pausado  que facilite a análise aberta e a controversia nos medios. Pero, aínda así, quedou en evidencia que a defensa dende o punto de vista neoliberal non pode evitar que saian á luz unha enorme cantidade de puntos febles e un bo número perigos inherentes ao polémico TTIP que nos queren colar .

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: