Na Praza de Lugo escoitouse falar do TTIP

ACABAMOS DE CELEBRAR NA PRAZA DE LUGO O ACTO REIVINDICATIVO QUE TIÑAMOS CONVOCADO XUNTO COAS MARCHAS DA DIGNIDADE CONTRA O TTIP NO “DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO”.  O RESULTADO FOI MOI SATISFACTORIO .

LOCUCION FINAL

Ademais de ternos acompañado o clima  (que non é pouca cousa), a afluencia foi incluso superior ao anterior evento na Pza. do Obelisco e suscitou un sinceiro interese entre @s asistentes, que se achegaron a preguntar, pediron folletos e asinaron a Iniciativa Cidadana Europea contra o TTIP e o CETA.  En suma: outra vez conseguimos xuntármonos un bo número de colectivos e sindicatos para que se escoitase falar do TTIP.

Moitas grazas de novo ás persoas de Podemos que formaron o grupo de actores, e tamén a tod@s @s participantes que quixeron aproveitar a nosa iniciativa para amosar o seu rexeitamento fronte a ameaza deste tratado de comercio e inversión.

Como anécdotas, cabe falar da cortesía duns gaiteiros que pospuxeron a súa actuación para que se escoitase a nosa voz contra o TTIP, e tamén que, aínda que prometemos a asistencia de moito #aTTIPico, o único que concorreu debeu ser o speaker que subscribe, que naquel momento tiña a mente vagando por algunha órbita estraña.

ACTORES

Polo demais o comunicado de Attac A Coruña e as Marchas da Dignidade foi así:

Veciñas e veciños da Coruña, a asociación ATTAC e a Plataforma Marchas da Dignidade  viñemos hoxe aquí para protestar contra algo tan lonxano como un tratado de comercio internacional. Chámase Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión (TTIP son as súas siglas en inglés), e estase pactando, literalmente, en segredo entre negociadores dos Estados Unidos e da Unión Europea.

Probablemente non escoitaran falar del, pero se pensan que non vai afectar ás súas vidas lamentamos ter que dicirlles algo: están vostedes moi equivocados.

Cando centos de organizacións, movementos sociais e sindicatos decidimos dar hoxe, día 18 de abril, unha voz de alarma global contra estes tratados foi por unha boa razón: resulta que as grandes corporacións decidiron que xa era o momento asaltar as últimas fronteiras en busca de máis ganancias. E iso sí que pode afectar ás nosas vidas.

Ata agora “abrir fronteiras” significaba facilitar o comercio  de produtos baixando as taxas nas aduanas, pero iso xa o viñan facendo con liberdade abonda. Hoxe, a verdadeira meta do gran capital é outra: queren saltar a última e máis delicada de todas as fronteiras: a fronteira que protexe os nosos dereitos.

E como escaleira queren usar o TTIP, algo así como unha  gran constitución  coa que evitar as leis que nos protexen, e desautorizar os parlamentos que nos representan. Esta ferramenta xa a veñen usando os países ricos con países pobres dende hai anos. En moitas nacións do Sur os inversores poden contaminar, arruinar cultivos autóctonos ou explotar traballadores dentro da máis estricta legalidade. Se non nos cren, infórmense dos efectos do NAFTA, un tratado entre  EEUU, Canadá e México, que destruíu sectores básicos de produción este último e xenerou centos de miles de parados.

O capitalismo en crise necesita o TTIP, necesita despidos baratos, necesita comerciar con transxénicos e pesticidas perigosos, necesita furar o noso chan coa agresiva técnica do frácking, necesita finanzas sen control e necesita, desesperadamente, apoderarse dos nosos servizos públicos para convertelos en negocio privado.

Prometen miles de postos de traballo, pero se os deixamos entrar só sairán gañando as grandes transnacionais; a cambio, destruirán dereitos longamente adquiridos, economías locais e ata o noso dereito a decidir. Hai estudos ben serios que desminten a súa burda propaganda, pero só fai falta que vostedes usen o sentido común e lembren as enseñanzas desta crise: veciñas e veciños, vostedes saben de sobra que os grandes inversores nin teñen patria nin queren normas. E niso, precisamente, consiste o TTIP.

A pesar de todo, hai que ter esperanza. O AMI, o Acordo Multilateral de Inversións,  foi paralizado no ano 1998 grazas á mobilización de centos de movementos sociais e organizacións cidadanas. E recentemente a nosa presión conseguíu que se fixese público o mandato que deu aos negociadores a Unión Europea para pactar o Tratado Transatlántico, ademais de que os parlamentarios poidan acceder aos términos dos acordos. 

Os movementos en contra súmanse día a día, a oposición ao TTIP incendia cada pouco as redes sociais, algúns partidos políticos rexéitano nos seus programas… Amigas e amigos, algo debemos estar facendo ben.

É certo que eles son obstinados, pero non son invencibles. E nós temos moito que perder. Pedímoslles encarecidamente que non se deixen embaucar. Pensen con malicia. Pregúntense por que ninguén falou deste importantísimo asunto nas últimas europeas; pregúntense por que non se trata nos parlamentos, senón en reunións pechadas; pregúntenlle lles foi a outros países que se someteron a estes pactos.

Pregunten. Pregúntense. Actúen.

Non o dubiden veciños e veciñas da Coruña:

ENTRE TODAS E TODOS PARAREMOS O TTIP!! SEGURO!!

 Moitas grazas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: