XUSTIZA ECONÓMICA, TAMÉN PARA @S INMIGRANTES

 

stoprumores

A poboación inmigrante está a colocarse nestes tempos de crise no punto de mira da cidadanía española como se fosen os causantes de moitas das nosas penas. A frustración social e a manipulación mediática facilitan enormemente que @s estranxeir@s estean a utilizarse perigosamente como obxectivo prioritario dos ataques dunha ampla gama de políticos, e non só da ultradereita populista.

Pero, a pouco que recapacitemos, colocar aos/ás inmigrantes na orixe dos nosos problemas económicos e sociais non só é mesquino e inxusto, senón que carece dun mínimo fundamento obxectivo.

Por iso cómpre divulgar que abundan os datos que demostran que non gastan máis, que non están favorecid@s polas subvencións respecto á poboación autóctona, que non son eles/elas @s que fan baixar os salarios, que non xeneran o paro dos nativos españois. Conste que aínda que fose así, tampouco el@s serían culpables, pero é que non é así en absoluto. Este tema xa o tratamos nun post anterior sintetizando un magnífico folleto emitido pola Comunidade Autónoma do País Vasco. (https://attaccoruna.wordpress.com/2013/11/12/522/)

Nesta ocasión, achegámosvos unha agradabilísima web andaluza (http://stoprumores.com) que facilita moitos datos e evidencias. A conclusión está clara respecto á poboación inmigrante: ademáis de merecer absoluto respecto polo feito de ser persoas coas mesmas necesidades ca nós,  el@s non son quen perturba o noso sistema para prexudicar aos autóctonos. Os datos apuntan máis ben noutro sentido: seguramente vivimos nun sistema pervertido por si que xenera desigualdadade e precariedade á maioría da poboación. E disto último si que sobran os datos obxectivos.

Non ataquemos, pois, a quen está en inferioridade de condicións. Non é digno desafogar as nosas carencias cargándoos coa culpa dun sistema anómalo do que case tod@s somos víctimas.

Cando escoitedes comentarios discriminatorios, amósadelle un sinal de STOP aos rumores.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: