Acción contra o TTIP na Coruña: do Obelisco a Hollywood…

 ///////////////////////////////

 //////////////////////////////

O día 11 de outubro ás 8 da tarde levamos a cabo na Praza do Obelisco a acción contra o TTIP que viñamos deseñando e organizando dende había un tempo, e o resultado foi máis que satisfactorio, como poderedes comprobar no vídeo.

A convocatoria, de Attac e Marchas da Dignidade (29N) na Coruña, contou co apoio na divulgación e organización dos grupos que forman parte desta última Plataforma: #15M Montealto e Fronte Cívica Somos Maioría. Ademais, contou coa colaboración imprescindible da xente de Podemos, a quen lle agradecemos enormemente a súa simpatía e o seu entusiasmo.

En Attac A Coruña consideramos que unha das nosas función máis necesarias é a de levar á rúa calquera información de interese para a cidadanía, por máis engorrosa e descoñecida que resulte. Pois ben, este obxectivo pensamos que se acadou en boa  medida respecto al tema do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión USA-UE  o día 11 pola noite no “Odalisco” da man do noso acto lúdico-deportivo. A verdade é que, achegouse público abondo (unha das tomas finais non nos deixa mentir), e ata estiveron vixiándonos dúas furgallas da policía que, queiras que non, sempre dan algo de ambiente…

Pero o importante foi que quizais unhas cantas ducias de coruñesas e coruñeses máis comecen a entender a ameaza que para nós suporía o TTIP, e tamén, como non, que entendan que co apoio da cidadanía é posible deter ese ambizoso proxecto desregulador.

Aínda que pola hora do evento era previsible unha condea de antemán ao máis absoluto dos silencios mediáticos, hai unha reseña parcial aqui:

http://www.finanzas.com/noticias/economia/20141011/protestan-galicia-tratado-libre-2777952.html En fin, menos da unha pedra.

E nada máis. Simplemente dicir -e seguramente non vos estrañe- que xa estamos a recibir interesantes ofertas de Hollywood. E sempre será mellor Hollywood que Laponia…

Grazas a todos os colaboradores e participantes, e ata a próxima.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: