Campaña contra o TTIP de Attac Coruña

ATTAC VAI DESENVOLVER NAS VINDEIRAS SEMANAS UNHA CAMPAÑA EN CONTRA DO TTIP QUE INCLUIRÁ MATERIAIS DE DIVULGACIÓN E DEBATES.

ACHEGAMOS UN ADIANTO: UN DECÁLOGO CON 12 “IMPACTOS” ENORMEMENTE PREOCUPANTES.

 

TTIP-Attac-Corunha

 

· QUE É O TRATADO TRANSATLÁNTICO EEUU-UE?
· POR QUE AS NEGOCIACIÓNS SON SECRETAS?
· QUE ARMAS USARÁN AS GRANDES CORPORACIÓNS PARA EVITAR AS LEIS?
A implantación do Tratado Transatlántico (TTIP) supón unha enorme ameaza para o noso futuro.
O seu impacto no noso sistema económico, no noso medioambiente e nos nosos servizos públicos resultaría enormemente prexudicial.
Debemos dar a coñecer a natureza desta arma silenciosa para evitar o que sería, sen dúbida, un ataque definitivo á nosa soberanía e ao noso benestar.

 

1.- A PRIORIDADE É DESREGULAR.

Os aranceis comerciais entre USA-UE xa son moi baixos. O que realmente se pretende co TTIP é eludir as leis coas que os estados regulan o tráfico comercial e as inversións en beneficio da súa cidadanía. Suporá unha auténtica “supraconstitución” que evite o control democrático dos estados.

2.   NEGOCIACIÓN SECRETA.

O proceso de negociación está a levarse en secreto: o debate no Parlamento europeo descartouse e os documentos relacionados estarán ocultos ao público ata dentro de 30 anos! Sen embargo, sábese que a Comisión Europea mantivo máis de 100 reunións con lobbistas e multinacionais para preparar a tramitación.

1259757852_rubiagalegaV3.  AGRICULTURA E GANDARÍA EN PERIGO.

Abrir as nosas portas ás explotacións estadounidenses será enormemente prexudicial. EEUU acolle instalacións inmensas, concentradas en moi poucas mans e con escasos controis ecolóxicos e sanitarios, o que lles dará unha enorme vantaxe de partida fronte as pequenas e abundantes explotacións europeas.

4.   ADEUS ÁS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS.

A normativa europea está orientada a certa protección das pequenas e medianas empresas. Co tratado, o equilibrio rompe e as grandes empresas contarán cunha posición privilexiada. E como a estrutura produtiva dos países periféricos é menos competitiva e está menos desenvolvida, afondarase na brecha Norte-Sur.

5.   DESPROTECCIÓN LABORAL.

O tratado esixe “harmonizar” lexislacións para “facilitar o comercio e as inversións”, pero o mundo laboral estadounidense é moito máis desregulado que o Europeo; de feito, USA non subscribíu algúns estándares básicos da OIT, e ata  inclúe na súa lexislación normas abertamente antisindicais. Con toda seguridade rebaixaríanse os  salarios e degradaríanse  as nosas condicións de traballo.

6.  A NOSA SAÚDE EN RISCO.

A nivel europeo, as empresas teñen que demostrar que os seus produtos non poñen en risco a saúde d@s consumidor@s. En Estados Unidos e ao revés, hai que demostrar que si supoñen un perigo para a saúde das persoas para conseguir que deixen de comercializarse, aínda que o dano xa estea feito.

7. ALERTA MEDIOAMBIENTAL.

A regulación medioambiental europea é máis esixente que a de EEUU. De momento, prohíbe fracturar o chan para obter gas (fracking), unha práctica que contamina as augas subterráneas con centos de sustancias tóxicas, deixa o solo inutilizable e ata provoca terremotos. Igualar as lexislacións suporía aceptar esta técnica. O mesmo ocorrería coa comercialización de transxénicos para consumo humano, co uso de fitosanitarios dañinos e con tantas outras prácticas moi prexudiciais.

8.  PRIVACIDADE VULNERABLE.

Certa información persoal que circula na rede podería ser accesible para as empresas a efectos comerciais e incluso a efectos de vixiancia. Así ocorre en EEUU, onde  dispoñen de información sen restricción algunha que garanta a privacidade d@s clientes.

9.  DESAPARICIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS.

Unha futura ola de privatizacións poderá vir tras a sinatura do tratado, pois moitos dos sectores que son públicos en Europa, están en mans de empresas privadas nos Estados Unidos, e iso podería considerarse un problema de competencia.

10.  ACAPARAMENTO DA PROPIEDADE INTELECTUAL.

Reforzaríanse os dereitos de propiedade intelectual  facendo, por exemplo,  máis longa a duración das patentes. Isto suporía que teriamos  menciñas máis caras para tod@s. En xeral, esta sobreprotección pode limitar o acceso a uns coñecementos e avances técnicos esenciais para toda a cidadanía.

11.   TRIBUNAIS PRIVADOS CONTRA ESTADOS SOBERANOS.

Están previstos uns “tribunais” de arbitraxe que cursen reclamacións de empresas contra estados. As multinacionais poderían demandar  a calquera país sempre que consideren que coas súas actuacións ou leis afectan aos seus beneficios presentes ou futuros. Sería irrelevante que a lei en cuestión servise para  protexer o medioambiente, a saúde ou os dereitos cidadáns: as corporacións poderían presentar onerosas demandas aos gobernos e coaccionalos para que eviten facer normas “inaxeitadas”…

12.   ANTECEDENTES MOI NEGATIVOS.

Un precedente moi claro dos perniciosos efectos destes tratados témolo no NAFTA, un acordo equivalente ao TTIP que foi asinado entre USA, Canadá e México. Os desequilibrios que xenerou foron innegables: deslocalización, paro, destrucción dos sectores máis humildes…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: