Dignidade sobre rodas

Dende hai un ano, todos os días Antonio Aramayona, membro de Attac, preséntase na casa da Conselleira de Educación, Universidade, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón.

Este profesor de filosofía xubilado, leva encima un ictus e un infarto, e debaixo unha cadeira de rodas coa que se despraza obstinadamente ata o lugar da súa pacífica e rutinaria protesta: a residencia da conselleira Dolores Serrat . O obxectivo é que esa autoridade saiba en directo e de primeira man  que hai  un cidadán que non vai tolerar que ningúen nos prive duns dereitos longamente pelexados.Aramayona-1-año-Primo-Romero

Levar, non leva armas, nin insulta, nin supón perigo ningún. Porta con él, iso sí,  unha admirable obstinación, o apoio de moit@s compañeir@s e todo un cargador cheo de razóns irrefutables. Conste que,  pedir, tampouco pide nada do outro mundo: una escola pública, laica y de calidade. Sinxelo, non?

O caso é que, a pesar de que o noso pacífico compañeiro non está a desenvolver unha sofisticada estratexia, ou quizais precisamente por iso, as autoridades están comezando a levalo fatal, e Antonio xa sufre identificacións e multas diarias da man dun dispositivo policial desmesurado. Ata agora a sanción podía ascender a 300 euros, pero en breve ha chegar a 3000 euros diarios por reincidencia. Evidentemente, Antonio non vai pagar. Nin pode nin quere facelo: circular pacíficamente e manifestarse na defensa dos seus dereitos, que son os de tod@s,  non está tipificado como delicto, nin sequera baixo o goberno do PP (de momento…).

A policía non sabe xa que facer, pobres. De momento, por se logran intimidar, deixaron caer que a  Conselleira Serrat, muller de moito trapío cando se trata de recortar escolas e marxinar estudantes, vaise poñer seria e vai tomar iniciativas. Pero, en realidade, toda esa arrogancia institucional  estase desinflando diante dun simple cidadán que lle planta cara. De feito, a policía transmitíu  que a conselleira  “atópase moi nervosa coa protesta” e “probablemente emprenda accións legais”. Xa sabedes: o que ata agora viñan sendo simples protestas estanse transformando cada vez con máis naturalidade en delictos de “acoso”, como neste caso, ou “caluminias”, “inxurias” ou “resistencia”. A vella técnica de  prostituir a linguaxe  sácana de novo para estes delicados momentos en que a cidadanía comeza a pensar por si…

Antonio deixou ben  claro que vale, que como queiran, pero que el non ten pensado parar. Chegará ata o xuízo ou ata onde faga falta. Algúns/has pensamos que se cunha cadeira de rodas, un ictus e un infarto foi capaz de montar este rebumbio, é xa moi evidente que ninguén vai lograr deter a esta bomba de dignidade que quizais acabe explotando nos fuciños dos opresores. Oxalá tod@s  o vexamos.

Mentres tanto, admirémonos do seu exemplo.

Fonte:

http://www.attac.es/2014/06/06/la-policia-amenaza-con-multar-diariamente-a-antonio-aramayona/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: