CEGADOS POLO AVE

ALTA-VORACIDADE    En Galiza estamos a sufrir un desmantelamento sen precedentes do ferrocarril convencional. Este servizo público esencial, que debería ser potenciado e mimado pola súa sustentabilidade, pola súa rendibilidade social e polo enorme interese estratéxico nun futuro de escaseza de combustibles, está sendo erradicado en favor da Alta Velocidade. O que hoxe perpetra o PP sen complexos só fai continuar o traballo decidido de demolición dun ferrocarril social e sostible que xa comezara o PSOE .

      Attac ten criticado duramente a prioridade que se lle confire ao Ave, un tren elitista, carísimo, antiecolóxico e financeiramente ruinoso. Atoparedes boa información nas numerosas plataformas que se opoñen a súa xa imparable expansión, e tamén un bo número de ecoloxistas e economistas que poden deixar en evidencia este proxecto estrela que aínda moi poucos se atreven a calificar do que é: un auténtico timo. Tamén podedes aproveitar as filminas usadas nunha charla na que participamos en Ourense sobre este asunto; os datos non están actualizados pero os problemas esenciais deste enorme proxecto constan expostos coa maior concisión posible.

      A día de hoxe xa só queda preguntarse: Como lograron imponer finalmente este “tren” carísimo que non usamos? Como foi que cada comunidade autónoma e cada localidade con posibilidades de acoller unha estación toleaban por ser tocados pola maxia do Ave?

Hai moito que falar, pero o que está claro é que, quen máis quen menos, tod@s estiveron nalgún momento completamente CEGAD@S POLO AVE…

SE QUERES VER FILMINAS QUE RESUMEN OS PROBLEMAS DO AVE PINCHA O PDF:

                VER >> FILMINAS

SE QUERES SABER DALGÚNS DATOS A BOTE PRONTO:

 SABÍAS QUE ningunha das liñas do Ave español superan hoxe o umbral de 6-8 millóns de pasaxeiros, a partir do cal sería minimamente rendible? Nin sequera Madrid-Sevilla é rendible hoxe, tras 20 anos…
SABÍAS QUE o Ave emite C02 coma outros medios de transporte, resulta tremendamente ruidoso e ocupa enormes cantidades de terreo?
SABÍAS QUE promove un modelo expansivo que só conecta grandes nodos e incomunica os lugares menos poboados?
SABÍAS QUE a Unión Europea está a recomendar que se “calme a movilidade” mentres España convértese no 2º país con máis Alta Velocidade do mundo?
SABÍAS QUE España está na cola dos países europeos no tocante ao transporte de mercancías por ferrocarril e o Ave non resolve o problema?
SABÍAS QUE o Ave non fará máis fluída a circulación por carretera, senón todo o contrario?
SABÍAS QUE  co billete do Ave só se paga 1/3 ou 1/4 do gasto real e os demais o subvencionamos entre tod@s?
SABÍAS QUE con que valen 3 liñas de Ave poderiamos ter renovado a rede ferroviaria española para acadar os 160-180 km/hora, que ven sendo case a media do que hoxe acada o Ave?
SABÍAS QUE se trata dun servizo concebido para unha elite social que obtén glamour e rapidez sufragada por tod@s os demáis?

Anuncios

2 responses to “CEGADOS POLO AVE”

  1. tarasca says :

    AHT Gelditu! Elkarlana ante la muerte de un trabajador en las obras del TAV

    http://boltxe.info/?p=59871

    “No es de recibo seguir con la huida hacia adelante que supone la obra del TAV. En los últimos meses se está constatando cómo está fracasando el proyecto del TAV. Ahora que ha terminado el tiempo de la sobreabundancia, Francia, Adif y el gobierno de Madrid no han tenido más remedio que adaptarse a la realidad de que el TAV es un DESPILFARRO INASUMIBLE mientras una gran mayoría social sufre fuertes recortes en salud, educación y servicios sociales.

    Es pues paralizando las obras y con un severo replanteamiento del proyecto como el Gobierno Vasco, el Navarro y el Ministerio de Fomento habrían de responder a las crecientes interrogantes (económicas, técnicas, financieras…) que afectan a dicho proyecto del TAV. “

    Me gusta

  2. Victoria says :

    Mi conclusión es:

    Un proyecto caro, llevado a cabo con una mortalidad laboral que no es casual. Para uso de quien pueda pagar el billete, es decir, elitista.

    Y, cuya seguridad para los usuarios ha quedado claramente “tocada” en el pasado accidente de Angrois (Santiago).

    Parece el despertar de un sueño/cuento/pesadilla, ya que hay trenes o formas de trazado para alta velocidad – que para el caso son lo mismo – de varias categorías… ¿para complacer a quién?

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: