Microcomunidades de xestión

Por Francisco García Quiroga – Asociación Artesáns da Innovación

Imagen

No momento no que nos atopamos no que o sistema representativo ten unha lexitimidade cada vez máis baixa e no que os sistema capitalista non é quen de seguir facilitando o hiperconsumo, semella cando menos necesario (re)pensar alternativas a esta modernidade na que nos atopamos.

 Cómpre observar esas posibles alternativas que nos permitan construir ese mundo “outro” no que esta forma de “escravitude” se supere. Unha das teorías nas que se está a traballar é que cada vez ocupa a atención de máis persoas, é en torno aos comúns, ou commons en inglés ou o procomún na lingua castelá. Unha figura fundamental foi Elinor Ostrom, premio Nobel de Economía e politóloga de formación, quen estudou os comúns, e analizou como as propias comunidades de persoas son quen de autoxestionar un ben garantindo a sustentabilidade do mesmo. A visión en torno aos comúns racha co binomio público-privado, aparecendo un novo eixo que podería denominarse comunal ou comunitario.

 Moitos exemplos téñense analizado sobre todo en Latinoamérica e os movementos indíxenas, propietarios de terras que levan traballándoas de forma secular e de forma comunitaria. A importancia nesto radica no feito de que a propia cidadanía sexa corresponsable na toma de decisións, procurando desta maneira non convertirnos en meros obxectos consumidores.

 Pero ao igual que en Latinoamérica, tamén en Europa existen comúns, un bo exemplo témolo aqui mesmo, en Galiza, co caso dos montes veciñais en man común. Un fenómeno que implica a 150 000 comuneiros e afecta a máis de 600 000 hectáreas. Estas comunidades de montes teñen tanto o dereito a xestión do monte como a propiedade comunitaria do mesmo, eso si sempre que se sexa residente habitual, a temporalidade da propiedade establécese en función da residencia nese territorio. Estas comunidades ademais escollen mediante asemblea a súa xunta directiva e son quen establecen as normas de xestión e os usos do montes.

 A toma de decisións realízase de forma democrática, polo menos no plano teórico, entre a propia comunidade de veciños e como mínimo o 40% dos beneficios deben adicarse a obras de interese xeral para a comunidade, como poden ser escolas, polideportivas ou escolas de música.

 Ora ben este módelo non é idilico e preto do 40% dos montes están administrados pola Xunta de Galicia debido en moitos casos ao despoboamento no medio rural. Esto pon de manifesto a necesidade de favoreceer que estas comunidades de veciñas se (re)apropien deste bens, por iso proxectos como O Monte é noso_sachando procomún  (www.montenoso.net) poden axudar na idea de potenciar estas “outras” formas de propiedade e de relación cos bens que nos rodean.

 Se cadra podemos aprender destes modelos máís do que nos pensamoe e se cadra, temén, poden supoñer unha interesante vía para pensar en esas outras alternativas á modernidade.

Anuncios

2 responses to “Microcomunidades de xestión”

  1. Victoria says :

    Otro mundo es necesario, quizás que sea posible de alcanzar con ejemplos así.

    Me gusta

  2. César - Attac says :

    Hai un aspecto que me parece que non menciona o artigo pero me parece de moito interese: se o monte é común quere dicir que NON é público e iso é dalgún xeito, moi favorable. Por que?

    Pois porque o feito de que algo sexa público non garantiza que siga séndoo no futuro, hoxe sabémolo ben. Os monopolios enerxéticos foron públicos, certas explotacións boscosas son públicas, moitos hospitais son públicos, o litoral é público… e polo tanto é susceptible de PRIVATIZACIÓN total ou parcial. En cambio, o gobernó de turno non pode expropiar fácilmente un monte con propiedade e xestión dunha comunidade…

    De momento…

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: